"Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!" E faremos do noso amor espingardas, milleiros de AK-47, e das nosas verbas chumbo para esgazar os ouvidos de Eles, que aínda cren ter tudo ben atado

Terça-feira, Setembro 13

Custa prender no sono na noite previa a unha xornada de deslocación. Por máis que ollo para a folla de plano de viaxe non dou con acougo.
  • Traxecto: SebeVille - Mar de Pedra
  • Data e hora de partida: Terza feira, 13 de setembro; 9:30 AM
  • Motivos: Traslado temporal por traballo, debidamente misturado con doses fortes de amizade e loita, para poder sobreviver a quince días de ausencia e desencontros que han vir.[Motivo "paternamente" oficial: Toca deixar a Casa petrucial na cidade da grande sebe, e encetar o proceso adaptativo ao novo espazo físico para angurias e ledicias].
  • Observacións: lévase material e instrumentación de apoio en abundancia.
Ha ser que tardan moito uns beizos, e que torturan máis unha vez as dúbidas.

4 pronunciamentos:

Blogger O'Xirarei voaba por aquí e dixo

Saiba vostede que sinto nestes intres unha envexa nada sá cara á súa persoa, que se verá mitigada en gran medida cando quen subscribe inicie o seu propio proceso de autodeterminación, data que non se adiará alén do 30 do presente mes. Adianteeeee!!

Ter Set 13, 10:18:00 AM

 
Anonymous Psyduck pequeno voaba por aquí e dixo

E o que che teñen os judas :)

Qui Set 15, 07:06:00 PM

 
Anonymous triste voaba por aquí e dixo

Eu xa te chaméi
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba."
(c.e.f.)

por que non canta o melro?

Seg Set 19, 09:28:00 PM

 
Blogger MelroPreto voaba por aquí e dixo

O Melro non sabe xa se quere ser melro ou foca, se paga a pena viver ou é simplesmente unha obriga coa que cumprir. Non sabe por que é que lle falla o ton con quen non debera fallarlle, non sabe se é sentirse mal porque o sono e o soño fixeron esquencer a data ou porque se mira insuficiente e pequecho.

Sabe que se aledou ao ler pronunciados uns versos que hai moito quer pronunciar e non se atreve. Sabe que aínda quere, e máis a cada día, voar sobre da Quintana. Sabe que odia moito.

Ter Set 20, 01:36:00 AM

 

Enviar um comentário

<< Home

 
free page hit counter