"Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!" E faremos do noso amor espingardas, milleiros de AK-47, e das nosas verbas chumbo para esgazar os ouvidos de Eles, que aínda cren ter tudo ben atado

Quinta-feira, Setembro 1

Cultura é Liberdade!



"9


A idea do Marx mozo sobre do papel do escritor esixe, nos nosos días, ser reafirmada vigorosamente. Está claro que esta idea debe ser entendida, no plano artístico e científico, para as diversas categorías de produtores e de investigadores. "O escritor -di Marx- debe naturalmente gañar cartos para poder vivir e escribir, pero non debe en ningún caso vivir e escribir para gañar cartos... O escritor non considera de ningunha maneira os seus traballos como un medio. Son fins en si mesmos, son tan escasamente medios en si para el e para os demais, que en caso necesario sacrifica a súa propia existencia á existencia deses traballos. A primeira condición da liberdade de prensa é que non sexa un oficio". É máis que nunca o momento de brandir esta declaración contra os que pretenden someter a actividade intelectual a fins exteriores a ela mesma e, sen ter en conta todas as determinacións históricas que lle son propias, dirixir, en función de pretendidas razóns de Estado, os temas da arte. A libre elección destes temas e a ausencia absoluta de restrición no que se refire ao seu campo de exploración constitúen para o artista un ben que ten dereito a reivindicar como inalienable.[...]"

André Breton, Lev Davidovitch Bronstein "Trotski" e Diego Rivera, Por unha arte revolucionaria independente

1 pronunciamentos:

Anonymous Anónimo voaba por aquí e dixo

Boas leituras!

Qui Set 22, 05:40:00 PM

 

Enviar um comentário

<< Home

 
free page hit counter