"Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!" E faremos do noso amor espingardas, milleiros de AK-47, e das nosas verbas chumbo para esgazar os ouvidos de Eles, que aínda cren ter tudo ben atado

Terça-feira, Agosto 30

[Quería pór unha postaxe, para queixarme da dor de ollos que non me deixa durmir e tentar imitar na escrita a ledicia inocente de cando era cativo e un mikolapis era todo un premio. Quería falar da agradábel surpresa de descubrir (mesmo se serodiamente) a Bob Dylan, das tardes irisadas que agardan nuns chanzos do Capital lítica, e de pintar mapas por unha pel que percorrería vinte e mil cen noites, porque o tesouro é o percorrido.]

Mais nos ollos seguiríanme a queimar salgadas as bágoas de hai unhas horas. Sentiríame estúpido. O cabalo seguiría a podrecer veas da familia alonxada. E os naipelos no Iraque seguirían a pagar os efectos do U-238 imperialista.

3 pronunciamentos:

Anonymous Anónimo voaba por aquí e dixo

perdóame...

Ter Ago 30, 02:04:00 PM

 
Blogger Xosé Antón voaba por aquí e dixo

Un consello: seleccione mellor as cores porque algúns posts resulta difícil lelos: eses vermellos, gris-escuros,...

Dom Set 11, 11:08:00 AM

 
Blogger MelroPreto voaba por aquí e dixo

Moitas grazas polo consello(Como agrada sentirse lido!).Tereino en conta, agora que me dispoño a ligar de volta a alimentación tipográfica da bitácora.

Seg Set 12, 01:43:00 AM

 

Enviar um comentário

<< Home

 
free page hit counter