"Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!" E faremos do noso amor espingardas, milleiros de AK-47, e das nosas verbas chumbo para esgazar os ouvidos de Eles, que aínda cren ter tudo ben atado

Segunda-feira, Agosto 29

[Escoito o Valse do Carballal, nunha interpretación impecábel.]

  • Odio o meu futuro laboral, por máis que noutros lados decidan autoenganarse. Sigo a darlle a razón a Daniel Salgado ao respecto da miseria do xornalismo.
  • Estraño moito a un compañeiro.
  • Tento arrincarlle á harmónica algo que mereza ser chamado música.
  • Case queimo os apontamentos. Non sei se paga a pena.
  • Non me alimento, máncame a comida ao tragar. Teño o peito agarrotado.
  • Boto en falla a ledicia envasada en ollos sorrintes.
[Pero escoito o Valse do Carballal, nunha interpretación impecábel. E dánzoo coa vasoira]

5 pronunciamentos:

Anonymous eu só son eu voaba por aquí e dixo

todas a s profesións poden ser terribles ou incribles! todo depende de como o mires. de todos os xeitos, non é que o xornalismo sexa algo miserento, é que todas as cousas e, sobre todo, todas as persoas, están afundidas na miseria. así é imposible facer bo xornalismo -ou facer algo de xeito, en termos xerais!-
...
eu, o que boto en falla é discutir en directo!!!
xD

Seg Ago 29, 04:13:00 PM

 
Blogger Caufield voaba por aquí e dixo

Acórdom dun profeta no Avante (e non O'Xirarei q tamen e profeta de esmorgas varias)augurando un futuro laboral etilico e deprimente. LOITEMOS xa q non sexa asi!!!(ainda q e moi poible q acabe sendo asi!) :(

Seg Ago 29, 04:24:00 PM

 
Anonymous Anónimo voaba por aquí e dixo

jops!

Seg Ago 29, 08:05:00 PM

 
Blogger xornalistiña voaba por aquí e dixo

vexo que transitas pola miña ida de olla diaria... xa sei que é unha utopía o que digo,que logo cando chegas ao mundo laboral todo é unha merda, pero , ás veces, é bonito soñar, autoenganarse... e as veces hai que arriesgar. hoxe fíxeno. e saiu ben, non sei que pasará maña, cando no concello lean a miña reportaxe...

Seg Ago 29, 10:24:00 PM

 
Blogger O'Xirarei voaba por aquí e dixo

Ai, compañeiro, se mala é a vida do xornalista, peor é a do aspirante. Isto o que me sae na miña primeira lectura de miolo. Mais, se penso con máis detemento, esta semana de estudo contra-tempore non é máis ca unha paréntese entre o verán e a miña autodeterminación, e meses que se aventuran mellores cos precedentes. E tamén, se penso con máis detemento, é posíbel que esta profesión/vocación/escravitude á que aspiramos ten tanto de bo como de cocho, así que ten moito de bo.
Para mostra: un día envolto en apuntamentos e con dores gástricos diversos, sol fóra e eu poñéndome moreno á luz do flexo. Chamada telefónica. Sorriso. Revista parva. Gargallada. Non todo é malo, todo é unha paréntese.

Seg Ago 29, 11:37:00 PM

 

Enviar um comentário

<< Home

 
free page hit counter